Proxecto que ten como finalidade principal a recuperación da memoria dos lugares a través dos recordos das persoas que habitan eses lugares, concretamente a través dun grupo de mulleres.
Mulleres que a través da súa memoria individual, dos seus recordos, das súas vivencias, contribúen a manter viva a nosa memoria colectiva e a coñecer parte do noso pasado e da nosa identidade e nos permiten coñecer distintos recursos turísticos dun xeito diferente, a través da perspectiva humana. Un proxecto realizado coa colaboración de distintas entidades públicas e sociais e posto en marcha grazas á axuda da Deputación da Coruña a través do “Programa de axudas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña” (2021).