Quen somos

Un grupo de mulleres que sufrimos a crise do 2008 como traballadoras por conta allea, pero daquela crise aprendemos que outra forma de facer empresa era posible.

Agora o liderado é compartido, e por iso non necesitamos xefas. Coma o benestar das persoas é o máis importante, buscamos gozar dos proxectos sen descoidar a vida persoal e familiar.

Somos feministas, consumidoras responsables e apoiamos proxectos culturais e solidarios que imos atopando polo camiño.

Fátima Rodríguez Figueiras

O meu reto é pasar das ideas a solucións concretas, tendo en conta o contexto, a situación e as peculiaridades dos lugares e as persoas coas que traballamos.

María Traveso Lago

Son unha apaixonada da planificación e da organización para lograr a maior eficiencia posible, aplicando o sentidiño para acadar proxectos ilusionantes e realistas.

Verónica Rodríguez Ruzo

O meu obxectivo é transformar en accións os nosos soños e ilusións, buscando o equilibrio entre o proceso creativo e os resultados.

Os nosos valores

Son os nosos valores os que impulsan as nosas accións.

As persoas no centro

Buscamos o benestar e a calidade de vida das persoas que traballamos en Promove, motivo polo que optamos polo teletraballo e a flexibilidade. O noso compromiso é promover que outras entidades e empresas tamén poñan a vida no centro.

Calidade sobre Cantidade

Rexeitamos que o éxito se mida exclusivamente por criterios económicos, polo que a nosa estratexia de empresa céntrase no crecemento cualitativo (calidade do traballo e salarios dignos), fronte ao crecemento cuantitativo (cantidade de postos de traballo ou facturación).

Cos pés na terra

Somos galegas e, como tal, queremos contribuír ao desenvolvemento local de Galicia, motivo polo que deseñamos proxectos adaptados á nosa cultura, tendo en conta as nosas peculiaridades como país, cuns valores definidos e, por suposto, na nosa lingua.

Queres saber máis de nós?