Un proxecto social e turístico con perspectiva de xénero

Con motivo do 8M, o concello de Fisterra contou con nós para organizar un evento conmemorativo con mulleres.
Esa foi a nosa oportunidade para presentar e dar a coñecer a audioguía ficcionada entre as verdadeiras protagonistas, as mulleres de Fisterra que participaron nos talleres de memoria no marco do proxecto Contos do mar.
O resultado máis visible é este vídeo de promoción turística con perspectiva de xénero.