#promovendoactitudes
Por un mundo mellor
sostible e feminista
Que facemos
Consultoría?
Si, PROMOVE é unha empresa de consultoría, pero non só iso, é algo máis!! Trátase dun proxecto para o desenvolvemento profesional e persoal das que conformamos a equipa de traballo.
Así que… si, deseñamos e implantamos proxectos de desenvolvemento local (Benestar social, Emprendemento ou Turismo), engandindo a perspectiva ambiental e de xénero en todo o que facemos (Formación, Asistencia técnica ou Dinamización).
Ademais, como temos implantado e certificado o noso plan de Igualdade, axudamos a outras entidades públicas ou privadas a que aprendan a elaborar o seu propio plan, ou conten connosco para que as tutelemos durante o proceso.
Pero, sobre todo, gústanos facer as cousas de xeito diferente, aplicar a innovación e a creatividade en todo o que facemos, e traballar por, para e coas persoas.
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, fixemos vídeos de moitos dos nosos proxectos para non encher a páxina de textos. Queres ver algún exemplo?
Para quen o facemos
Gústanos traballar para aquelas entidades, públicas ou privadas, comprometidas coa igualdade, a xustiza social, o medio ambiente, a cultura e a lingua galega.
Por que o facemos
Para promover un desenvolvemento responsable e sostible e unha sociedade máis xusta e libre de violencias.
- O emprendemento sostible, para que as novas empresas que se creen en Galicia integren os valores sociais e medioambientais, independentemente do sector no que traballen.
- A igualdade en todos os ámbitos, para formar as persoas no feminismo e para axudar a empresas e organizacións a ser responsables, mellorando as súas relacións con outras empresas, clientela e persoas traballadoras.
Como o facemos
As nosas premisas de traballo.
Perspectiva innovadora
No deseño de proxectos propios ou en colaboración con empresas que acheguen valor engadido.
Perspectiva humana e feminista
No trato coas persoas que conformamos a empresa e na tipoloxía de proxectos que desenvolvemos e apoiamos.
Perspectiva medioambiental e sostible
No deseño de proxectos propios ou en colaboración con empresas relacionadas co medio ambiente.
Sobre nós
Promove é para nós unha empresa con alma, que busca en cada proxecto o elemento humano, #promovendoactitudes que fagan posible o éxito e o #desenvolvementosostible.
A perspectiva de xénero é outro dos piares da nosa responsabilidade social como empresa, de maneira que os resultados parten sempre dun enfoque sostible co medio e inclusivo coas persoas.
Como temos implantado e certificado o noso Plan de Igualdade, axudamos a outras entidades públicas e privadas a que aprendan a elaborar o seu, ou conten con nós para que as acompañemos durante o proceso.