Para deixar constancia da nosa filosofía, valores e compromiso coa igualdade na empresa, decidimos rexistrar no Regcon e certificar na Xunta de Galicia a implantación do noso Plan de Igualdade.
Unha vez acreditada a certificación do noso plan, e coñecendo o proceso dende dentro, decidimos ofrecer formación e/ou acompañar a outras entidades interesadas na elaboración, implantación, rexistro e/ou certificación dos seus plans de igualdade.
No 2014 fomos galardoadas co Premio Manuel Beiras na súa XV edición, un recoñecemento ao esforzo normalizador da nosa empresa no uso do galego.
No ano 2017 fomos premiadas no Primeiro Concurso de Ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade, posto en marcha polas áreas de cultura e igualdade da Deputación da Coruña.
Grazas a este premio desenvolvemos o proxecto ILUSTRADAS, que tivo como resultado un catálogo feminista ilustrado que recompila mulleres das áreas das letras, ciencia, artes, tecnoloxía, filosofía, política, economía, etc. para recuperar, recoñecer e poñer en valor a todas as que quedaron esquecidas ou foron anuladas ao longo da historia.
No ano 2016, a Xunta de Galicia concedeunos o premio RSE Galicia, recoñecemento á nosa boa práctica no ámbito da conciliación e a igualdade laboral.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría inclúe só cookies que garanten funcionalidades básicas e funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.
Todas as cookies que non sexan especialmente necesarias para que o sitio web funcione e utilízase específicamente para recoller datos persoais do usuario mediante analíticas, anuncios e outros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.