O Coworking da Pobra é o espazo que o concello pon a disposición das persoas emprendedoras da comarca do Barbanza.
A dinamización deste tipo de espazos é fundamental, e colaborar con centros educativos permítenos estimular o espírito emprendedor do seu alumnado propoñendo actividades, dinámicas e talleres arredor do emprendemento sostible e con perspectiva de xénero.