Campus vivencial con perspectiva cultural. Resumo

Emprendementos inspiradores no sector turístico

Despois de moitos anos realizando campus en distintos puntos de Galicia, quixemos integrar tamén o patrimonio cultural de cada territorio dando a coñecer iniciativas inspiradoras relacionadas co sector turístico.
O apoio da Deputación da Coruña permitiunos desenvolver esta experiencia nos concellos de Outes, Muros e Carnota e adaptar as visitas ao alumnado de ciclos formativos de Hostalaría e Turismo.