Emprendementos inspiradores para cociña e restauración
Despois de moitos anos realizando campus en distintos puntos de Galicia, quixemos integrar tamén o patrimonio cultural de cada territorio dando a coñecer iniciativas inspiradoras relacionadas co sector turístico.
O apoio da Deputación da Coruña permitiunos desenvolver esta experiencia nos concellos de Outes, Muros e Carnota e adaptar as visitas ao alumnado dos ciclos de cociña e servizos de restauración.