O Turismo consciente é unha experiencia de vida transformadora que xera un crecemento persoal que nos converte en mellores persoas. Este novo concepto susténtase nos principios de sostenibilidade e ética, e promove os valores de paz, amistade, o respecto e o amor á vida como a esencia da práctica turística. Con esta filosofía organizáronse xornadas de familiarización con distintos públicos e diferentes obxectivos. Para o envellecemento activo con mulleres maiores de 65, para a inspiración con mulleres artistas ou para a xestión emocional con colectivos en situación de vulnerabilidade.