Dinamización do Coworking da pobra
O Coworking da Pobra é un espazo municipal de apoio ás persoas emprendedoras. Ademais de ofrecer un espazo físico nun entorno de traballo colaborativo, tamén organiza actividades como os Campus Vivenciais de Emprendemento en colaboración con centros educativos. Alumnado do IES Espiñeira de Boiro e do CIFP Coroso de Ribeira, participaron nas charlas, talleres e visitas organizadas a empresas, co obxectivo de estimular o espírito emprendedor e aprender de experiencias empresariais de referencia na contorna local.