Este Campus, que é a continuidade do Campus de emprendemento sostible, enmárcase dentro do proxecto “Muros consciente” e ten como finalidade sensibilizar sobre a importancia de emprender e consumir con conciencia social e ambiental.
Nesta ocasión incorporamos a Montse París, da asociación Muros vila de auga e sal, que tamén nos fala de emprendemento social e autoemprego sen necesidade de crear unha empresa.