Contos do mar. Dumbría

Un proxecto social, cultural e turístico a partir da memoria

En Contos do mar recuperamos a memoria dos lugares a través dos recordos das persoas maiores.
O resultado é un mapa virtual da memoria que inclúe vídeos das protagonistas e unha audioguía, con relatos ficcionados e teatralizados, sempre ligados aos espazos polos que discorre o paseo, posibilitando unha inmersión emocional na paisaxe, nas voces e nas historias locais.
O fío condutor da audioguía do Ézaro (Dumbría), serán as voces das mulleres que participaron nos talleres de memoria e a voz que nos acompaña é a da actriz Patricia de Lorenzo, da compañía de teatro Chévere