A formación teórica que o alumnado do IES Espiñeira de Boiro recibe sobre emprendemento, complementouse nesta ocasión con visitas didácticas a empresas de Muros seleccionadas como exemplo de boas prácticas.
Fresco y del mar, A Maceta e Galuriña son algunhas das iniciativas colaboradoras coas que contamos no concello de Muros para estimular o espírito emprendedor e trasmitir ás novas xeracións a importancia de emprender con responsabilidade social e ambiental.