Dinamización do Lab Barbanza en Boiro

Campus de emprendemento con visita ao viveiro de empresas e coworking

O viveiro de empresas e coworking Lab Barbanza é o espazo que o concello de Boiro pon a disposición das persoas emprendedoras da comarca do Barbanza.

A dinamización deste tipo de espazos é fundamental, e colaborar con centros educativos permítenos estimular o espírito emprendedor do seu alumnado propoñendo actividades arredor do emprendemento sostible e con perspectiva de xénero.