Temos o noso plan de igualdade rexistrado e certificado
Para deixar constancia da nosa filosofía, valores e compromiso coa igualdade na empresa, decidimos rexistrar no Regcon e certificar na Xunta de Galicia a implantación do noso Plan de Igualdade.
Unha vez acreditada a certificación do noso plan, e coñecendo o proceso dende dentro, decidimos ofrecer formación e/ou acompañar a outras entidades interesadas na elaboración, implantación, rexistro e/ou certificación dos seus plans de igualdade.
Recibimos o premio Manuel Beiras na súa XV edición
No 2014 fomos galardoadas co Premio Manuel Beiras na súa XV edición, un recoñecemento ao esforzo normalizador da nosa empresa no uso do galego.
Fomos premiadas no Concurso Luisa Villalta de proxectos culturais pola igualdade
No ano 2017 fomos premiadas no Primeiro Concurso de Ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade, posto en marcha polas áreas de cultura e igualdade da Deputación da Coruña.
Grazas a este premio desenvolvemos o proxecto ILUSTRADAS, que tivo como resultado un catálogo feminista ilustrado que recompila mulleres das áreas das letras, ciencia, artes, tecnoloxía, filosofía, política, economía, etc. para recuperar, recoñecer e poñer en valor a todas as que quedaron esquecidas ou foron anuladas ao longo da historia.
Fomos recoñecidas nos premios R.S.E. Galicia
No ano 2016, a Xunta de Galicia concedeunos o premio RSE Galicia, recoñecemento á nosa boa práctica no ámbito da conciliación e a igualdade laboral.