Turismo Slow Norte de Galicia

Produto turístico deseñado a partir de mesas de traballo co sector turístico de Ferrolterra e a Mariña Lucense, para promover un turismo sostible, o uso do transporte público e estancias prolongadas en pequenos aloxamentos seleccionados para participar no proxecto. A información está recollida nunha web con información sobre os aloxamentos, os recursos máis salientables e o percorrido e paradas do ferrocarril de vía estreita (FEVE), que entra en Galicia por Ribadeo e remata en Ferrol.

Máis proxectos desenvolvidos por Promove Consultoría