Un vídeo de animación contra a LGBTIfobia

Lía

“Lía” é o título deste vídeo de animación en galego, que trata a LGBTIfobia dende unha perspectiva pedagóxica, o que nos levou a elaborar unha unidade didáctica complementaria que contempla a organización de debates, actividades e dinámicas arredor do visionado do vídeo.
“Lía” tamén é o resultado dun traballo colaborativo entre persoas comprometidas coa xustiza social, o feminismo e a diversidade sexual e de xénero.
Cando se xunta o compromiso persoal, o coñecemento na materia e o talento artístico, xorden cousiñas tan chulas e necesarias coma esta, en prol dunha sociedade mellor.