II Catálogo Ilustradas

O II Catálogo provincial ILUSTRADAS, é un proxecto artístico para educar en Igualdade. Proxecto que integra a aprendizaxe técnica e a posta en valor de mulleres galegas, do pasado ou do presente, mais ou menos coñecidas, todas elas fonte de inspiración para o alumnado e unha homenaxe para darlles a visibilidade que merecen.

Un traballo de colaboración coa totalidade de centros educativos da provincia que cursan o bacharelato de artes plásticas e o CIFP Compostela, con distintas entidades públicas, privades e sen fin de lucro que traballan a prol da Igualdade. Un proxecto promovido pola Deputación da Coruña, a través do Programa de Axudas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural (2020) e que da continuidade ao I Catálogo provincial Ilustradas, realizado no marco do I Concurso de ideas “ Luisa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade (2017).

Se queres ver o I e II Catálogo Ilustradas completos, contacta con nós.

Máis proxectos desenvolvidos por Promove Consultoría