O viveiro de empresas e coworking Lab Barbanza é o espazo que o concello de Boiro pon a disposición das persoas emprendedoras da comarca do Barbanza.
A dinamización deste tipo de espazos é fundamental, e colaborar con centros educativos permítenos estimular o espírito emprendedor do seu alumnado propoñendo actividades arredor do emprendemento sostible e con perspectiva de xénero.