Construíndo futuros. Travesía do Empoderamento

Travesía do empoderamento

Esta travesía forma parte do programa Construíndo Futuros, organizado polo concello da Pobra do Caramiñal en colaboración con Médicos do Mundo.

A xornada contempla un encontro no Coworking, un paseo pola Pobra, unha travesía náutica, un taller de xestión emocional e un espazo de networking, nun ambiente distendido e de sororidade entre usuarias de Médicos do Mundo e usuarias do Coworking da Pobra.